Conocí a Lía gracias a la expo "Apalpar" que hicimos A.Metztli y yo en septiembre de 2008 en la galería de OD2 en A Coruña. Gracias a los reenvíos esperados mi propuesta también llegó a Lía. Después de encontrar su desaparecida cámara, me ha mandado la foto con el poema prometido. Otro beso más, pero otro beso especial, esta vez con poema dedicado en galego... Gracias Lía, por esta aportación tan completa.
Lía besó este hermoso y extraño árbol
en el parque del Retiro (Madrid) en febrero de 2009
en el parque del Retiro (Madrid) en febrero de 2009
-->
Natureza morta
Xogos de olladas atrapadas nas túas follas
o teu fachendoso tronco nunha perenne pose fálica
e os teus múltiples brazos no mellor dos serpenteos
A perfección das túas formas
arrinca as vogais seguidas de h
nunha éxtase de admiración e abraio
Mais eu bícote hoxe
en lembranza doutros tempos
nos que a túa forza, a túa rebeldía
dábanme alento
Abrazábame a ti e, de súpeto,
a túa savia convertíase nun
sangue guerreiro, co poder
de afastar ao tumor da soedade
Hoxe percíbote murcha
sen azos nen esperanza
afogada na cuadrícula dun eficiente xardineiro
e, onde os outros ven beleza,
eu tan só alcanzo a ver mutilación
Coa esperanza de que baixo ese corsé
sega a latexar algunha faragulla da túa esencia
achégote hoxe os meus beizos para que recollas
algo de vida, por espertar en ti a forza durmida
Loitarei por rabuñar algo teu entre tanta perfección
amareite como cando era nena
E se non te chega co meu alento
voltarei pola mañá
coa sange do teu asasino nunha regadeira

Lía